Home A Paradanta A Cañiza Luis López anuncia que preto de 1.000 persoas de Vigo e o...

Luis López anuncia que preto de 1.000 persoas de Vigo e o sur da provincia poderán desfrutar do programa de termalismo +Benestar

- Anuncio -

Os beneficiarios, de 24 concellos diferentes, desfrutarán dunha estancia de seis días e cinco noites nun dos sete establecementos dispoñibles en Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a relación de persoas admitidas no programa de termalismo social +Benestar, a través do cal máis de 1.000 persoas maiores de 55 anos de 24 concellos de Vigo e do sur da provincia poderán desfrutar de estancias en balnearios, talasos ou spas da provincia. O obxectivo desta iniciativa, tal e como detallou o presidente provincial, é facilitar o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar o sector turístico durante os períodos de menor actividade.

En concreto, estas 995 persoas trátanse de 20 veciñas e veciños da Cañiza, 60 da Guarda, 2 de Arbo, 11 das Neves, 9 de Baiona, 22 de Covelo, 11 de Crecente, 3 de Fornelos de Montes, 33 de Gondomar, 1 de Mondariz, 1 de Mondariz-Balneario, 65 de Mos, 116 de Nigrán, 70 do Porriño, 33 do Rosal, 4 de Oia, 3 de Pazos de Borbén, 6 de Ponteareas, 111 de Redondela, 52 de Salceda de Caselas, 3 de Salvaterra de Miño, 46 de Soutomaior, 18 de Tomiño, 70 de Tui e 225 de Vigo. En total, o programa, que arranca este domingo 3 de novembro coas primeiras saídas, ofrece estancias de seis días e cinco noites nun establecemento termal para as preto de 2.200 persoas empadroadas na provincia que se beneficiarán de +Benestar.

O programa de termalismo da Deputación desenvólvese en sete establecementos termais da provincia, situados en Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín (Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Balenario de Mondariz, Hotel Carlos I Silgar, Talaso Hotel Louxo La Toja, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Hotel Spa Galatea e Hotel Nuevo Astur Spa). Ademais da estadía, o paquete comprende pensión completa (coas bebidas incluídas); o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día; e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Relacionadas

Luis Menor avanza no Parlamento de Galicia que os orzamentos para 2025 da Deputación...

0
As previsións económicas supoñen algo máis do 9,3 % de aumento con respecto ao vixente exercicio (96 millóns de euros) e permite aumentar os...

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

Publicacións Relacionadas