Home Pontevedra A Paradanta Luis López anuncia un investimento de 250.000 euros para a mellora da...

Luis López anuncia un investimento de 250.000 euros para a mellora da mobilidade peonil na EP-5005 en Crecente

- Anuncio -

O Goberno provincial aprobou hoxe o convenio para realizar as obras que permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade coa creación dunha senda peonil

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa a aprobación dun convenio co Concello de Cuntis a través do cal se destinarán preto de 250.000 euros para mellorar a mobilidade peonil na EP-5005. Deste orzamento, a Deputación financiará o 80%, é dicir, 200.000 euros, e o Concello o 20% restante, 50.000. “Estas obras permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para os peóns e vehículos”, explicou López.

En concreto, o proxecto consiste na execución dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada. Ademais, reducirase a velocidade máxima de circulación, colocaranse pasos de peóns sobreelevados e renovarase a rede de pluviais, a canalización da rede de alumeado e colocaranse luminarias nos pasos de peóns entre outras actuacións.

“Seguimos así avanzando na transformación das estradas provinciais desta provincia para alongar a súa vida e garantir a seguridade”, asegurou López.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas