HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López aplaude a elección de Sara Gómez para darlle nome ao...

Luis López aplaude a elección de Sara Gómez para darlle nome ao pavillón de Fontecarmoa, un exemplo da aposta da Deputación polas infraestruturas deportivas

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial, que estivo acompañado do deputado provincial Javier Tourís, participou no recoñecemento institucional á xogadora no partido entre o Mariscos Antón Cortegada e o Maristas da Liga Feminina 2

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do deputado provincial Javier Tourís, recoñeceu este sábado o potencial deportivo da cidade de Vilagarcía pola traxectoria de equipos coma o Mariscos Antón Cortegada Cortegada, polo talento de deportistas como Sara Gómez e pola calidade das súas infraestruturas deportivas. Fíxoo no acto institucional para oficializar o nomeamento do pavillón de Fontecarmoa co nome da figura local do baloncesto, Sara Gómez, que tivo lugar no descanso do partido de Liga Femenina 2 entre o conxunto local, o Cortegada, e o Maristas, da Coruña, e logo do descubrimento da placa conmemorativa pola propia Sara Gómez a comezo do encontro.

López, que tivo palabras de recoñecemento para a xogadora por ser unha referencia para o baloncesto feminino no eido nacional e internacional e tamén no eido da igualdade, quixo tamén felicitar ao Cortegada polo recoñecemento. Por outra banda, puxo en valor a colaboración entre as administracións municipal e provincial para facer realidade estes proxectos, un día despois de que o presidente provincial e o alcalde, Alberto Varela, asinaran o primeiro convenio de colaboración ao abeiro do Plan Extra para ampliar as piscinas do complexo de Vilagarcía.

O complexo deportivo de Fontecarmoa está a ser completamente renovado a través de distintos proxectos nos que a Deputación leva investidos 2,9 millóns de euros, tanto no acondicionamento do pavillón, renovación de butacas e pantallas LED incluídas; como na ampliación das piscinas, a mellora da pista de atletismo ou a renovación do saneamento dun dos camiños de acceso ao recinto. “Sinto satisfacción cando me sento nestas bancadas e comprobo que detrás da renovación do complexo están os froitos do traballo da Deputación e dos recursos que nos entregades para investilos”, incidiu o presidente.

Publicacións Relacionadas