HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o convenio...

Luis López asina co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o convenio para investir 1,5 millóns de euros na posta en marcha dun parque termal na vila

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución de proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano e dinamizan a economía dos territorios

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Ponte Caldelas a través dos plans de Cooperación é de preto de 1,5 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, para o financiamento do proxecto de parque termal na vila. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Díaz selaron un acordo para impulsar a actuación, que ascende a 1,5 millóns de euros que serán financiados pola Deputación de Pontevedra, con 700.000 euros do Plan Extra, e polo Concello de Ponte Caldelas, con 800.000 euros.

O proxecto permitirá aproveitar a presenza de augas termais na vila e poñer en valor elementos existentes na contorna como unha capela ou paseos e accesos polo río. Deste xeito, transformarase o terreo nun gran parque público con instalacións para facer uso das augas termais mediante baños ou fontes. Ao detalle, está previsto instalar cinco pozas con auga termal e completar a dotación de servizos con edificacións auxiliares para vestiarios, aseos, cantina ou almacén. Ademais, tamén se realizarán tarefas de conservación da capela e acondicionarse a parcela, con camiños iluminados a nivel do chan e coa reparación dos accesos.

A colaboración da Deputación co Concello de Ponte Caldelas non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial preto de 1,5 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas