O presidente da Deputación, acompañado polos vicepresidentes Rafa Domínguez, Luisa Sánchez e membros do goberno, salienta a “cantidade e calidade” dos traballos presentados a esta segunda edición do certame
“Conseguir unha sociedade igualitaria é cousa de todos e de todas. Agora tócavos a vós falarnos de igualdade, aquí dentro xa o fixestes, agora toca facelo fóra, no mundo real e ao longo de toda a vida”, díxolle López aos estudantes
PO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, entregou este luns os premios “E ti, que pensas da igualdade?”, un certame promovido polo ente provincial que na súa segunda edición volveu ser un éxito de participación, nun auditorio do centro Príncipe Felipe no que se reuniron centos de estudantes de Educación Primaria, Secundaria e Especial procedentes de centros de toda a provincia. “Ver este auditorio cheo de rapaces e rapazas de toda a provincia é unha nova fantástica. Vexo nas vosas caras, mozos e mozas comprometidísimos coa igualdade entre homes e mulleres, vexo os froitos dun concurso escolar que nesta segunda edición volve demostrar ser un completo acerto e vexo que nesta provincia, o futuro escríbese en clave de igualdade”, afirmou o presidente da Deputación despois dunha entregar de galardóns nas que tamén participaron os vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como as deputadas Sandra Bastos e María Ramallo.
O concurso consistiu na elaboración por parte dos estudantes dos distintos cursos de traballos individuais ou grupais que reflectiran o que entenden eles e elas por igualdade. Segundo o curso, o alumnado elaborou debuxos e collages, escribiron contos, crearon bandas deseñadas, produciron vídeopoesías ou cancións e gravaron podcast. Todos os traballos tiveron a igualdade como tema común e central. “A nosa sociedade camiña cara a Igualdade plena e real entre homes e mulleres, na nosa provincia rexeitamos calquera tipo de discriminacións entre homes e mulleres e a nosa veciñanza está comprometida para pechar esas fendas de xénero que son cada vez máis estreitas, pero aínda existen”, reivindicou Luis López para pechar o acto.
Neste sentido, o titular do goberno provincial explicou aos participantes da segunda edición deste certame “E ti, que pensas da igualdade?” cal era o obxectivo da Deputación ao convocar estes premios. “Uns traballos que demostran que sodes vós, a xente máis nova da provincia, os que tedes moito que ensinarnos a nós, aos maiores, sobre respecto, xustiza e igualdade. Por iso é tan importante saber que pensa a mocidade sobre a igualdade, porque esa visión porá os alicerces sobre os que levantaremos a sociedade do futuro. O ano pasado, na primeira edición, quedei abraiado pola enorme cantidade de traballos que recibimos; pero é que este ano estou fascinado, porque volvemos recibir unha verdadeira avalancha. E o mellor non é a cantidade, senón a calidade dos traballos”, recoñeceu López, quen tamén se animou a ofrecer a súa visión sobre a igualdade: “Eu para falar de igualdade, penso nos meus fillos, unha nena e un neno cativos. E para eles desexo un futuro no que os dous poidan ter as mesmas oportunidades sen que un sexa máis co outro, que sexan valorados por como son e polo seu traballo e, sobre todo, sen sufrir ningún tipo de discriminación”, expresou o dirixente.
Unha meta, a da igualdade plena, pola que traballa a diario a Deputación a través de medidas como a convocatoria de certames novidosos como este ou o de “Boas prácticas en igualdade”, os actos de conmemoración de días como o 8-M ou o 25-N, así como iniciativas encamiñadas a poñer en valor o traballo de mulleres como “Aqui faltan páxinas” ou “Mulleres que opinan”.
“Conseguir unha sociedade igualitaria é cousa de todos e de todas. Agora tócavos a vós falarnos de Igualdade, aquí dentro xa o fixestes, agora toca aí fora, no mundo real e ao longo de toda a vida”, concluíu o presidente Luis López, despois de reiterar os parabéns a toda a comunidade educativa polos traballos presentados.
Listaxe completa de premiados
- 1º e 2º de primaria. Categoría individual.2º premio: Noa Vila Leirós (CEIP Mestre Martínez Alonso. Mos. 1º de primaria).1º premio: Saray Estévez Galván (CEIP Coirón Dena. Meaño, 1º de primaria).
- 1º e 2º de primaria. Categoría grupal.
- 1º premio: CEIP Pazos de Reis. Tui.
- 3º e 4º de primaria. Categoría individual.
- 3º premio: Aisha Reyes Pérez e Erea Bartolomé Pampín (CEIP Santa Mariña. Vigo, 3º de primaria)
- 2º premio: Alba Martínez Muñiz (CEIP Coirón-Dena de Meaño, 3º de primaria)
- 1º premio: Irune García López e Nhan López González ((CEIP Santa Mariña. Vigo, 3º de primaria)
- 3º e 4º de primaria. Categoría grupal
- 1º premio: CEIP Torre Illa. A Illa de Arousa (4º de primaria)
- 5º e 6º de primaria. Categoría individual.
- 3º premio: Desiré Buica Salazar (CEIP Sequelo. Marín. 6º de primaria)
- 2º premio: Martín Serrano García (CEIP Sequelo. Marín, 6º de primaria)
- 1º premio: Noelia García del Río (CEIP Sequelo. Marín. 6º de primaria)
- 5º e 6º de primaria. Categoría grupal
- 3º premio: CEP Altamira. Salceda de Caselas (5º e 6º de Primaria)
- 3º premio: CEIP A Reigosa. Ponte Caldelas (5º de Primaria)
- 2º premio: CEIP Carballal Cabral. Vigo (5º de Primaria)
- 1º premio: CEIP Isidora Riestra. Poio. (5º de Primaria)
- Educación especial. Categoría individual.
- 3º premio: Navia Outón Freire (CEE Pontevedra)
- 2º premio: Sara González Atanes (CEE Pontevedra)
- 1º premio: Ainhoa Pazos Martínez (CEE Pontevedra)
- 1º premio: Morena Ríos Tonarelli (CEE Pontevedra)
- Educación Secundaria Obrigatoria. Categoría grupal.
- 1º premio: IES O Carril. Vilagarcía de Arousa
- 1º e 2º de primaria. Categoría grupal.