Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto...

Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia

- Anuncio -

O presidente da Deputación afirma que, segundo o INE, a ocupación foi un 2,2% superior á de xullo do 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, debullou en conferencia de prensa algúns dos datos pechados de turismo correspondentes ao mes de xullo. Trátase de información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que reflicte que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo deste ano preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia. “Dito doutro xeito, dous de cada cinco visitantes que se achegaron á nosa comunidade viñeron a Pontevedra a vivir e gozar das experiencias 100% Rías Baixas”, remarcou Luis López.

O presidente provincial tamén detallou que o 74% dos turistas residían en España fronte ao 26% de estranxeiros que viñeron en xullo. Ademais subliñou que, segundo o INE, o mes de xullo tivo unha ocupación superior ao mesmo período do 2023, cun 2,2% de incremento. “Entendemos –remarcou Luis Lopez– que en agosto seguirase a mesma liña ou mesmo os resultados serán superiores, pero temos que esperar a finais de setembro para coñecer os datos definitivos que nos remite o INE”.

En canto a agosto, o presidente da Deputación adiantou a información recompilada polo servizo de Turismo Rías Baixas que recolle datos de visitantes ao Palacete e aos Castelos. No caso do Palacete das Mendoza foron 6.600 as persoas que se achegaron en agosto para solicitar información turística da provincia, o 83% residentes en España, principalmente de Madrid, Barcelona e Valencia, e o 17% estranxeiros, encabezando o ránking os franceses, seguidos dos portugueses e italianos. Pola súa banda visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso máis de 8.500 persoas (7.250 Soutomaior e 1.250 Sobroso) e percorreron algún dos Camiños de Santiago que atravesan a provincia 21.000 peregrinos, sendo o máis empregado o portugués (11.800), seguido do portugués pola costa (8.000), a vía da prata (860) e o camiño de inverno (300).

Relacionadas

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un...

0
Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos...

Luis Menor reivindica o papel da Deputación na colaboración coa Xunta, coa achega de...

0
O Goberno ourensán é a única Deputación que financia este plan, que tamén se estenderá ao resto de Galicia, e a provincia que terá...

Luisa Sánchez participa na presentación de equipos da A.D. Carballal

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación dos equipos da A.D. Carballal que competirán nesta temporada 2024/2025. Sánchez...

Tomiño apagará o son das atracción este domingo do Alivio

0
O Concello de Tomiño ten o pracer de anunciar unha iniciativa especial para o vindeiro domingo, no marco das festas do Alivio e adicada...

O concello de Ponteareas convoca a maior oferta de emprego público da súa historia,...

0
• A maior oferta de emprego público ordinaria ofertada polo Concello de Ponteareas cun prazo de presentación de solicitudes de vinte días hábiles • Con...

Luis López enxalza a forza do tecido veciñal da provincia ante máis de medio...

0
O presidente provincial participa nun encontro con centos de persoas integrantes de asociacións veciñais de Poio e da contorna nunha actividade lúdica cunha charla...

Publicacións Relacionadas