HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López felicita á Facultade de Dirección e Xestión Pública do campus...

Luis López felicita á Facultade de Dirección e Xestión Pública do campus de Pontevedra, “unha factoría de talento para a xestión pública”, polo seu 25 aniversario

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial participa no acto de conmemoración dun cuarto de século de actividade dunha facultade que mantén unha estreita colaboración doa Deputación: “Necesitámosvos 25 anos máis. A homenaxe non é á Deputación, é a vós”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, define á Facultade de Dirección e Xestión Pública do Campus de Pontevedra como unha “factoría de talento para a xestión pública”. Fíxoo este martes no acto de conmemoración do 25 aniversario desta facultade da Universidade de Vigo, unha efeméride que a comunidade universitario dedicou á Deputación de Pontevedra, unha institución coa que vén mantendo unha estreita relación de colaboración ao longo deste cuarto de século de historia da facultade. “Celebrades o 25 aniversario e nós necesitámosvos 25 anos máis para seguir formando ese talento que imos necesitar na Administración. Sodes clave. A homenaxe non é á Deputación, aquí vimos a homenaxearvos a vós”, afirmou o mandatario provincial nun acto con alumnos destas titulacións universitarios e ao que asistiron tamén traballadores de distintos servizos da Deputación.

A Facultade de Administración e Xestión Pública que a Universidade de Vigo ten no Campus de Pontevedra iniciou a súa actividade en 1999. As titulacións de Xestión Pública e Administración Pública foron  primeiros estudos universitarios deste tipo que se impartían en Galicia, cursábanse na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, á que permaneceron ligados ata o ano 2022, cando se creou unha específica Facultade de Dirección e Xestión Pública. Unha formación que ano a ano foi medrando en calidade e prestixio ata ser elixida no curso 2023-2024 como a facultade mellor valorada da Universidade polo alumnado. Actualmente, a facultade ofrece os estudos de Grao en Dirección e Xestión Pública, o Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, doutorados en Creatividade e Innovación Social e Sostible, así como cursos centrados na formación permanente, programas universitarios para maiores ou aprendizaxe en liña.

O presidente provincial aproveitou a súa intervención na conmemoración desta data para poñer en valor o labor imprescindible que realizan os técnicos das administracións para sacar adiante toda clase de proxectos. “Os que albergamos responsabilidades de carácter político sempre falamos de proxectos. Nós temos un proxecto para a provincia, pero os verdadeiros artífices de que eses proxectos políticos vaian adiante son os traballadores desa administración. O que máis valoro da Deputación é o persoal”, recoñeceu Luis López. Unha profesionalidade que permite mobilizar cada ano tantos recursos “con axilidade” para “facilitar” o labor dos concellos “en base a ese coñecemento previo” que os profesionais da Xestión publica adquiren nesta facultade, rematou o presidente da Deputación.

Publicacións Relacionadas