Luis López participa na entrega de premios da regata de remo Miño Internacional celebrada en Tui

adminON
Lectura mínima de 1

O presidente da Deputación de Pontevedra, luis López, participou este sábado no acto de entrega de premios da XLIII Regata Miño Internacional – XIX Copa Presidencia Deputación de Pontevedra que se celebrou no río Miño ao seu paso polo Concello de Tui. O mandatario provincial puxo en valor a elevada participación desta tradicional proba de remo e destacou a importancia que ten a auga, tema central da nova campaña de turismo Rías Baixas, como principal atractivo dun destino turístico sustentable e ideal para a práctica de deportes como o remo

Comparte este artigo