HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López presenta a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais...

Luis López presenta a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación, coincidindo co Ano Castelao e co obxectivo de “promover o inmenso talento e potencial literario da nosa provincia”

- Anuncio -spot_img

Trátase dun único premio dotado con 12.000 € para obras de teatro inéditas escritas en lingua galega

O prazo para presentar propostas a este galardón permanecerá aberto ata o 31 de outubro

Luis López acaba de presentar a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación, “unha iniciativa que lanzamos no ano no que conmemoramos o 75 aniversario do falecemento desta figura central da cultura e da identidade de Galicia, que ten no Museo de Pontevedra un repositorio inmenso do seu legado, e que nos vai permitir promover o inmenso talento e potencial literario da nosa provincia”. Trátase dun único premio, dotado con 12.000 euros, que pode ser concedido con carácter ex aequo.

Poden presentarse a este galardón que pon en marcha por vez primeira a Deputación de Pontevedra aquelas persoas maiores de idade que presenten obras de teatro escritas en lingua galega de acordo coa normativa da Real Academia Galega, cunha extensión máxima de 200.000 caracteres con espazos incluídos. As obras deben ser inéditas, total ou parcialmente, non poden ter recibido ningún premio en outros certames, nin ser levadas a escena. E as propostas serán totalmente anónimas, segundo o sistema de plica. O prazo de presentación dos traballos pecharase o 31 de outubro de 2025.

A obra gañadora será tamén publicada e será seleccionada por un xurado integrado polo presidente da Deputación, o secretario da Deputación e cinco persoa de recoñecido prestixio no ámbito teatral e literario galego. “Poñemos o foco, unha vez máis, na creatividade e no talento desta provincia e no teatro, unha disciplina que nós temos recuperado no marco da programación cultural da Deputación a través de iniciativas como o circuíto +Escénicas”, recordou o presidente Luis López.

Publicacións Relacionadas