Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López presenta como un novo impulso ás infraestruturas e aos colectivos...

Luis López presenta como un novo impulso ás infraestruturas e aos colectivos do rural o investimento de 820.000 euros para o centro social de Carragoso, en Lalín

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo alcalde José Crespo e a conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue; dá a coñecer o proxecto para a construción dun edificio polivalente en Carragoso ao abeiro do programa PON2030

“Un novo paso adiante na colaboración cos concellos, na construción de novas infraestruturas e na atención ás necesidades da veciñanza”, sostén López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este sábado o proxecto para a construción dun novo edificio polivalente para uso como centro social no lugar de Carragoso en Lalín cun investimento total de 820.000 euros, dos que o organismo provincial achega 560.000 euros a través de programas de Cooperación como o PON2030 e o +Provincia. Os detalles do proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Infraestruturas e do Concello, déronse a coñecer este sábado ao pé da parcela municipal na que se vai construír un inmoble que funcionará como centro social, ofrecendo un espazo moderno, amplo e versátil para que o tecido asociativo do Concello desenvolva as súas actividades. “Un novo paso adiante nese compromiso da Deputación de colaborar con concellos como o de Lalín para impulsar proxectos transformadores, construír novas infraestruturas que modernicen o territorio e atender as necesidades da veciñanza”, sinalou o presidente provincial despois dunha visita na que participaron tamén o alcalde José Crespo e a conselleira María Martínez Allegue.

O proxecto, froito dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Lalín ao abeiro do programa PON2030, consiste na construción dun edificio polivalente nunha parcela municipal de 748 metros cadrados localizada na contorna do casco urbano lalinense, entre a rúa da Ponte e a Rolda Norte. Nesta finca, o goberno local ten planificado o levantamento dun edificio público para uso polivalente. Construirase un inmoble de planta baixa, cunha entreplanta destinada a almacén e cuarto de instalacións. Ao interior do edificio accederase a través dunha zona exterior cuberta pola fachada sur. No interior, os usuarios atoparanse un primeiro vestíbulo que repartirá os fluxos cara os aseos, o cuarto da limpeza, o espazo multiusos ou as escaleiras, ocultas detrás da porta dun moble por motivos estéticos e funcionais A sala de usos múltiples dispón dun escenario elevado, desde o que se poderá acceder a un almacén que terá saída cara o exterior. “Un inmoble moderno, amplo, versátil e próximo ao centro urbano e aos núcleos rurais e unha obra que servirá para dotar aos colectivos de Lalín dun edificio accesible e sustentable con salas polivalentes, cociña e zonas comúns”, resumiu López.

Neste sentido, o mandatario provincial resaltou a importancia do papel xogado polo alcalde Jose Crespo para facer realidade este proxecto. “É un referente do municipalismo, esa necesaria colaboración entre administracións para executar proxectos coma este; na defensa do rural, planificando investimentos para avanzar na modernización dos infraestruturas; e na firme convicción de ofrecer uns servizos de primeira a toda a veciñanza, viva onde viva”, valorou o presidente da Deputación.

A colaboración entre as administracións provincial e municipal vai máis aló deste convenio para a construción do novo edificio de Carragoso. Só neste ano 2025, o apoio provincial ao Concello poderá superar os tres millóns de euros a través da achega de recursos dos distintos plans de Cooperación aprobados polo goberno provincial. Deste xeito, a través do plan +Provincia o Concello de Lalín recibirá este ano 1,76 millóns de euros; da segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas correspóndelle 202.600 euros e do Plan Extra poderá recibir ata un máximo de 1,1 millóns de euros.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas