HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López salienta a transformación das contornas rurais que promove o +Provincia...

Luis López salienta a transformación das contornas rurais que promove o +Provincia en lugares como Ponteareas, cun investimento de 80.000€ para executar tres proxectos

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada Nava Castro, visita as parroquias de Ribadetea, Xinzo e Santiago de Oliveira para comprobar o remate duns traballos de mellora da seguridade viara, servizo e imaxe moi agaradados polos veciños

“Falamos de pequenas grandes actuacións que poñen a Ponteareas e ás súas parroquias no mapa, porque a acción do Concello non se centra nun só punto”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a transformación e mellora das contornas rurais que está a impulsar o organismo provincial en Ponteareas a través dos recursos do +Provincia. Acompañado pola deputada e alcaldesa Nava Castro e o deputado Javier Tourís, o mandatario provincial visitou os lugares de Barxela, o Torreiro de Parada e a capela da Virxe do Socorro para comprobar o remate dunhas obras de mellora da accesibilidade e da imaxe no que a Deputación investiu máis de 80.000€. “Falamos de pequenas grandes actuacións que poñen a Ponteareas e ás súas parroquias no mapa, porque a acción do Concello non se centra nun só punto, viva onde viva a veciñanza, sempre hai unha mellora”, declarou o presidente Luis López, quen fixo fincapé tamén na colaboración das distintas administracións para facer realidade estes proxectos.

As actuacións, xa rematadas e executadas ao abeiro das anualidades do 204 e 2025 do plan +Provincia, centráronse na intervención en tres puntos concretos das parroquias de Ribadetea, Xinzo e Santiago de Oliveira. A primeira delas centrouse na mellora do acceso viario a Barxela a través da renovación do pavimento cun investimento superior aos 25.250€. Na segunda levouse a cabo a dotación de novos elementos de xogo, así como unha mellora da seguridade e da imaxe no parque infantil do Torreiro da Parada por valor de 18.000€. E na terceira, a intervención serviu para o acondicionamento da contorna da capela da Virxe do Socorro, ubicada no lugar de Fraga do Rei, onde se reconstruíu e revestiu o muro de contención que separa o campo da festa da estrada, así como outras estruturas dun conxunto histórico que experimentou tamén unha mellora paisaxística e funcional cun investimento por parte da Deputación de preto de 40.000€.

“Unha mostra de que determinados servizos que poden estar pensados para ámbitos de moita máis poboación, a alcaldesa achégaos ao rural”, recoñeceu López.

Un compromiso co rural que é compartido tanto polo goberno provincial como polo municipal. “A alcaldesa  sempre ten un plan para atopar solucións, así como para conseguir, optimizar e distribuír recursos por todo o Concello. Ese empuxe fai que Ponteareas sexa un referente”, subliñou o dirixente para poñer en valor o traballo da rexedora e deputada tanto á hora de velar polos intereses da veciñanza do seu Concello como á hora de promocionar o turismo nas Rías Baixas.

A colaboración entre a Deputación e o Concello da Ponteareas non se limita a estas tres actuacións. Ao longo dos case dous anos de mandato, o goberno provincial leva mobilizados máis de 4 millóns de euros en Ponteareas a través de plans de Cooperación como as dúas edicións do +Provincia ou dos Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas, así como o novidoso Plan Extra, co que está previsto reformar a pista municipal de atletismo. 

Publicacións Relacionadas