HomeTabeirósA EstradaLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 2,1 millóns de euros para que 21 concellos impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán á Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Forcarei, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, O Porriño, Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Silleda, Soutomaior, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilagarcía

O +Provincia destinou nestes primeiros meses de 2025 32 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2,1 millóns de euros para que A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Forcarei, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, O Porriño, Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Silleda, Soutomaior, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilagarcía impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das dúas primeiras liñas do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 32 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Desta maneira, apróbanse 1,8 millóns de euros ao abeiro da primeira liña 1 de investimentos. En concreto, A Illa de Arousa recibirá 31.000 € para a reposición de firmes na rúa Rubas; A Lama 12.514 € para o revestimento de muros exteriores do campo de fútbol e cuberta de tella na zona da entrada do recinto, 19.564 € para a creación dun parque escola sobre a reciclaxe e horticultura ecolóxica e 10.391 € para a mellora do abastecemento e saneamento do concello; Campo Lameiro 73.500 € para a recuperación do espazo para uso peonil na rúa Bernardo Sagasta; Catoira 26.426 € para a instalación da rede municipal de sumidoiros, 36.310 € para o acondicionamento do Centro Social de Oeste e outros 39.010 € para o acondicionamento do Centro Social de Dimo; Forcarei 109.777 € para a reparación e pavimentación do camiño de Quintillán; Fornelos de Montes 37.878 € para o acondicionamento e pavimentación con formigón do camiño do centro en San Vicente, Oitavén; Mondariz 78.372 € para o subministro dun camión para a recollida de residuos e 104.787 € para a mellora da pavimentación de rúas urbanas e do acceso ao cemiterio de Gargamala; e Oia 17.877 € para a execución de muros de contención.

Por outra banda, Pazos de Borbén contará con 20.276 € para a mellora da eficiencia enerxética na estación depuradora de auga residual en Nespereira, 67.044 € para a mellora de acceso á escola do Outeiro e con 41.754 € para o acondicionamento de camiños municipais en Torrente, Nespereira; Ponte Caldelas con 96.662 € para a construción dun bike park; Redondela con 143.945 € para a reurbanización da rúa do Prego de Montaos en Vilavella; Silleda con 78.472 € para a reforma e acondicionamento do local social de Saídres, con 49.953 € para a mellora do parque infantil de Laro e con 32.484 € para a reforma e acondicionamento do palco de música da parroquia de Breixo; Soutomaior con 169.965 € para a mellora da seguridade viaria e pavimentación en camiño O Val-Lourido; Vilaboa con 45.965 € para o acondicionamento do campo de fútbol de Figueirido; e Vilagarcía con 48.092 € para o plan de implantación de redutores de velocidade en vías municipais e 92.391 € para a ampliación de saneamentos e abastecemento na rúa Muíños de Cea.

Ademais, A Estrada, Campo Lameiro, Cangas, Pontecesures e Vila de Cruces recibirán un total de 363.171 euros para afrontar gasto corrente ao abeiro da liña 2. En concreto, A Estrada contará con 36.698 € para a Ruta da Sidra; Campo Lameiro con 4.349 € para a actuación de Rosa Cedrón; Cangas con 80.000 € para as Festas do Cristo e 140.000 € para traballos de mantemento, rozas e limpeza da rede viaria; Pontecesures 50.124 € para gasto corrente da programación cultural, deportiva e social; e Vila de Cruces 48.000 € para a programación cultural deste 2025.

Publicacións Relacionadas