Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor pon en valor o traballo da Deputación de Ourense a...

Luis Menor pon en valor o traballo da Deputación de Ourense a favor da prestación de servizos de calidade ás persoas maiores

- Anuncio -

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle hoxe unha xornada de traballo centrada nesta temática, organizada pola Fundación Democracia e Goberno Local á que asistiu o seu presidente, Alfredo Galán Galán

O presidente provincial, Luis Menor, presidiu esta mañá a inauguración da xornada, organizada pola Fundación Democracia e Goberno Local, centrada en “A prestación de servizos de calidade ás persoas maiores nos municipios de pequeno tamaño, como estratexia contra o despoboamento”. Precisamente, polo obxecto da xornada e por elixir á provincia como sede, #Luis Menor agradeceu á fundación o seu traballo e o seu esforzo organizativo.

Menor explicou que a realidade demográfica da provincia de Ourense é a dun territorio envellecido, polo que, “a Deputación de Ourense, na súa obrigación de asistencia técnica, económica e financeira ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes ten moi presente o cofinanciamento e a prestación de servizos ás persoas maiores dos nosos pequenos municipios, obxecto das xornadas que hoxe nos reúnen”.

Pero ademais dos programas e servizos que a Deputación de Ourense cofinancia por normativa, “temos un importante número de iniciativas que demostran a vontade política en fixar a atención ás persoas maiores como unha prioridade do goberno provincial que presido”, citando ao Servizo Provincial de Teleasistencia, “clave para que máis de 2.750 persoas a día de hoxe, residentes en todos os concellos da provincia, sentan seguras as 24 horas do día nos seus fogares e que con só apertar un botón poidan activar os recursos necesarios en caso dunha emerxencia”. Recalcou ademais que “esta realidade, a da soidade non desexada, é xa e vai ser aínda máis nos próximos anos, unha prioridade; como sabedes a Organización Mundial da Saúde, a OMS, declarouna xa un problema de saúde público”. Neste sentido, puxo como exemplo de política válida o programa de termalismo de soidade non desexada, “modalidade do noso Programa provincial de Termalismo Social que permite a persoas que viven soas recibir terapias termais en grupo todas as semanas durante 10 meses nos balnearios da provincia co cofinanciamento provincial”.

Precisamente, profundando no Programa de Termalismo Provincial, Luis Menor lembrou que leva en marcha 10 anos e que se incorporaron recentemente novidades como a destinada a persoas afectadas por enfermidades dexenerativas, ictus ou lesións medulares.
Outros programas aos que se referiu o presidente provincial na súa intervención foron o de atención a persoas maiores a través do terceiro sector; o de loita contra a fenda dixital no acceso aos servizos públicos ou o de vellez saudable, xa que a provincia está no foco de estudos como posible “zona azul” (só existen 5 no mundo) polo elevado número de persoas centenarias que habitan na provincia. Neste sentido, anunciou unha nova iniciativa, o “Termalismo Azul” que será presentada proximamente.

Relación institucional estreita

Pola súa banda, o presidente da Fundación Democracia e Goberno Local, Alfredo Galán, sinalou que “con esta xornada estréitase aínda máis a xa longa relación entre a Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local. Gústame lembrar que a razón mesma da existencia da Fundación é contribuír, da man dos seus Patróns, a satisfacer as necesidades e alcanzar os obxectivos propios dos gobernos locais do noso país”.
Tamén recalcou Alfredo Galán que “en estreita colaboración coa Deputación de Ourense, sensible á temática que tratamos hoxe na xornada, a Fundación quere destacar a necesidade de que as iniciativas de loita contra o despoboamento teñan en conta a incidencia sobre os maiores, que é un sector fundamental da súa poboación, garantíndolle servizos públicos accesibles e de calidade, ademais de convidar a realizar unha necesaria reflexión achega do papel que parece que deberían xogar as propias entidades locais no deseño dunha política pública de tanta relevancia como esta”.

Relacionadas

Rafa Domínguez asiste á celebración do décimo aniversario do grupo BNI Milenium Pontevedra

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres no Liceo Casino de Pontevedra nos actos de celebración do décimo aniversario do...

Rafa Domínguez asiste á reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á apertura da reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

Luis López sinala ante máis de 400 asistentes á Gala do Deporte que a...

0
O presidente provincial destacou o labor de todo o tecido deportivo para facer de Pontevedra “a provincia do deporte” nunha cerimonia na que foron...

O BNG vota en contra dos presupostos da Deputación por paralizar o Revitaliza e...

0
Mosquera lamenta que os cartos que sube o orzamento se destinen a gasto corrente, que baixen os fondos para o Museo, que non haxa...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura a exposición que percorre sete décadas de pintura de...

0
Ata o 19 de xaneiro poderá visitarse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a mostra ‘José Benito Otero Baena’ O vicepresidente da Deputación, Rafa...

A Deputación divulga a traxectoria artística de Mercedes Ruibal nun novo faladoiro de Aquí...

0
Sandra Bastos: “A provincia de Pontevedra ten mulleres extraordinarias que chegaron á cima, como Ruibal, pero non reciben o mesmo crédito que homes cos...

Publicacións Relacionadas