O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, desenvolveu no día de hoxe unha nova axenda de contactos con alcaldes da provincia, reunións que continuará no Pazo Provincial ata completar unha primeira rolda de encontros con todas as alcaldesas e alcaldes ourensáns.
Na xornada deste mércores entrevistouse cos rexedores do Carballiño, Francisco Fumega; Lobeira, Antonio Iglesias; A Mezquita, Rafael Pérez; Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez; Sandiás, Felipe traveso; Calvos de Randín, Aquilino Valencia; Manzaneda, Amable Fernández; e Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez.