Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través...

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan CooperOU da Deputación “que melloran a vida da veciñanza”

- Anuncio -

Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con outras axudas terá obras por máis dun millón de euros”

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, agradeceu a cooperación da Deputación, significando que o arranxo da estrada OU-0306 está ser fundamental para mellorar a conectividade de Leiro con Avión, Beariz e O Carballiño

O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe o municipio de Leiro en compañía de membros da Corporación liderados polo alcalde, Francisco José Fernández, coa fin de visitar diferentes obras e actuacións realizadas grazas ao Plan de Cooperación posto en marcha pola Deputación. De feito, tal e como sinalou Menor, o Concello de Leiro percibirá máis de 700.000 euros durante este mandato provincial a través do Plan CooperOU que, complementados con outras axudas, “terá obras por máis dun millón de euros”.

As obras contempladas no Plan de CooperOU son fundamentalmente de humanización e mellora dos servizos municipais, complementadas co plan global que está a desenvolver o Concello de Leiro e polo cal Menor felicitou ao rexedor. De feito, o presidente provincial visitou a obra que consistiu na pavimentación e humanización do tramo final da rúa Casanova (48.000 euros, así como a que supuxo a pavimentación do acceso ao tanatorio (30.000 euros), ambas realizadas grazas aos fondos do Plan de Cooperación.

A visita de hoxe tamén contemplou unha visita a unhas obras de mellora que está a realizar a Deputación, por valor de 120.000 euros, nunha das estradas de competencia provincial: a OU-0306 que conecta Leiro con San Cristovo, tal e como explicou o presidente provincial, “na que se vai continuar con novas fases para mellorar a súa conectividade”. Precisamente, neste aspecto abundou o alcalde, quen recalcou que o arranxo desta vía está a ser “fundamental” para mellorar a conexión do municipio de Leiro con Avión, Beariz e O Carballiño.

Relacionadas

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Publicacións Relacionadas