HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez asiste á apertura do obradoiro de arte floral no que...

Luisa Sánchez asiste á apertura do obradoiro de arte floral no que participan as veciñas da Praza da Miñoca no marco do programa provincial +Xuntas

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores á apertura do curso de arte floral do programa provincial +Xuntas no que están a participar mulleres da Asociación Veciñal da Praza da Miñoca, en Vigo. A vicepresidenta salientou que as participantes aprenderán durante as próximas semanas cuestións relacionadas coa temática, como “a técnica de recoñecemento de flores, destreza no seu manexo e colocación, ademais de combinalas entre si para acadar resultados estéticos agradables”.

Do mesmo xeito, Luisa Sánchez lembrou que a través das accións de +Xuntas a Deputación busca “mellorar a formación das mulleres e crear redes de apoio mutuo para impulsar a vosa participación activa e a xeración de vínculos”. A vicepresidenta provincial puxo en valor que este ano participarán máis de 200 colectivos no programa +Xuntas, con ata 5.000 mulleres de 56 concellos, e agradeceu a Asociación Veciñal da Miñoca por sumarse tanto a este como ao programa Provincia activa, a través do cal a entidade está a recibir un obradoiro de restauración de mobles e tapicería. “Grazas por esa grande acollida que lles dades ás ferramentas que poñemos á vosa disposición, porque para iso é para o que traballamos”, sinalou Luisa Sánchez.

Publicacións Relacionadas