A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, celebrou a continuidade do Plan Comunitario de Teis grazas ás achegas da Deputación e da Xunta de Galicia. Tal e como informou, o organismo provincial concedeu unha axuda nominativa de 10.000 euros para 2025 que contribuirá a garantir a supervivencia da asociación.
Luisa Sánchez, que visitou este xoves as instalacións da rúa Coutadas canda o conselleiro de Sanidade, salientou o “encomiable labor” que desenvolve o Plan Comunitario de Teis na prevención das condutas aditivas e na promoción dunha saúde integral.



