A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, felicitou este domingo aos sete matrimonios de Vigo que celebraron as súas vodas de ouro coa Asociación de Xubilados e Pensionistas AVOA. Tras entregar uns agasallos ás parellas homenaxeadas na igrexa parroquial de San Salvador de Coruxo, a representante provincial presenciou o concerto ofrecido pola violinista Ana Shi Yu e o pianista Santiago Meijide. Luisa Sánchez agradeceu a Rosa Cristina, Cesáreo, Josefina, Eugenio, Irene, Maximino, Rosa Pérez, Bernardo, Rosa Costas, Manuel, Felisa, Luis, Elisa e Cándido que sirvan de “exemplo” de “amor, constancia e respecto” para o conxunto da sociedade. Do mesmo xeito, compartiu cos matrimonio que “o amor non se mide en años, meses ou días senón en momentos compartidos”.