Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luisa Sánchez firma o convenio entre Deputación e a Asociación Amigos da...

Luisa Sánchez firma o convenio entre Deputación e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo que destinará 30.000 euros para apoiar a tempada do “Outono Lírico”

- Anuncio -

A institución provincial achega 10.000 euros máis que o pasado ano para apoiar a programación operística na cidade, que comezará este sábado 14 de setembro co recital “Viva Verdi” no Teatro Afundación

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e o presidente da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, Daniel Diz, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre as dúas entidades, a través do cal a institución provincial achega 30.000 euros para promover a tempada de “Outono Lírico” na cidade. Son, como lembrou a vicepresidenta provincial, 10.000 euros máis que o ano pasado, “o que supón un importante esforzo económico para a Deputación, porque temos claro que a ópera, a música e a cultura en xeral teñen que chegar á cidadanía e estar próximas a ela”.

A programación, que comeza este sábado 14 de setembro ás 20:00 horas no Teatro Afundación co recital “Viva Verdi”, estenderase ata finais de outubro e encherá a cidade de óperas como un dos grandes xéneros da lírica, mais tamén de conferencias, presentacións e debates nos que a música e as grandes figuras e xoves promesas serán os protagonistas. Sánchez aproveitou a ocasión para agradecer a Daniel Diz, e a todo o equipo da histórica asociación viguesa “por seguir facéndonos desfrutar, ano tras ano, con esta gran cita, parte fundamental da programación cultural e musical de Vigo”. Nas súas palabras, ese traballo é o que fixo “que desde a Deputación non dubidásemos nin un instante á hora de colaborar con eles, porque o esforzo de levar adiante este tipo de programacións debe ser compartido”.

“Co noso apoio a esta iniciativa buscamos impulsar a presenza da ópera na programación cultural da provincia, e de Vigo en concreto, ao tempo que axudamos a divulgar o traballo de compositores e intérpretes deste xénero”, concluíu a vicepresidenta da Deputación. O “Outono Lírico” contempla un total de once actividades ao longo deste mes e medio de programación. O calendario contará, ademais de coa representación de “Viva Verdi”, coas de “Terra e Mare” e “Madama Butterfly”, tamén no Teatro Afundación. Ademais, diferentes espazos da cidade acollerán o programa Ópera no cine, con “Ariadne auf naxos”, “Werther”, “Diere Zwerg” e “Memorias dunha Geisha”. En canto ás conferencias, estas celebraranse baixo os nomes de conferencias tendrán lugar “Terra e Mar. As cancións de Puccini”, “Madama Butterfly. Pasaporte ao sono americano?” e “Alfredo Kraus. O arte do canto”. Ademais, o Auditorio Martin Códax acollerá a gala de Novas Voces da Lírica Galega, dedicado á xove soprano galega Iria Goti.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas