A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mediodía no gran xantar popular en San Andrés de Comesaña da I Romaría de San Isidro Labrador, organizada pola comisión de Festas do Rosario e que conta coa colaboración da Deputación. A festa estivo amenizada pola música de Os Ventos de Comesaña, Mistura, Asociación Cultural Nivel 0, Gaiteiros Vagalume e Cé Orquestra Pantasma.