HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez reclama ao Concello de Vigo que aclare se desexa ou...

Luisa Sánchez reclama ao Concello de Vigo que aclare se desexa ou non que a Deputación financie preto do 80% da reconstrución da piscina de Teis

- Anuncio -spot_img

“Estamos a mediados de maio e o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello segue sen asinarse”, indicou a vicepresidenta da Deputación quen engadiu que “pasaron máis de dúas semanas desde que solicitamos o proxecto da piscina de Teis ao Concello e seguimos sen recibilo”

“O entendemento entre administracións é sempre unha bota noticia e creo firmemente que é o que reclama a cidadanía”, subliñou Sánchez. “Garántolles que Vigo non se vai quedar sen os cinco millóns de euros que temos asignado neste 2025 á cidade. Este é o meu compromiso”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, urxiu este xoves ao Concello de Vigo a “aclarar” se quere que a institución provincial financie con 5 millóns de euros preto do 80% do custe polo que foi adxudicada a obra de reconstrución da piscina de Teis (6,27 millóns de euros).  A representante da Deputación na cidade olívica manifestou que “estamos a mediados de maio e o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello segue sen asinarse” polo que apremia ao alcalde, Abel Caballero, a precisar se desexa que sexan os recursos provinciais os que costeen  maioritariamente esta “actuación tan demandada” pola veciñanza de Teis.

Sánchez recordou que hai máis dun mes que a Deputación formulou ao Concello de Vigo a posibilidade de achegar fondos provinciais para reconstruír a piscina de Teis e que, posteriormente, o goberno local aceptou a proposta do provincial. Sen embargo, recordou a vicepresidenta, “o señor Caballero, disposto a empanar este acordo, hai dúas semanas asegurou que o concello costearía esta obra, polo que tiven que pedirlle publicamente que aclarase se seguía interesado ou non en que desde a Deputación financiásemos esta actuación”.

Tamén explicou a vicepresidenta que, ademais das incertezas do alcalde, o Concello aínda non remitiu o proxecto que foi solicitado pola Deputación de Pontevedra o pasado 30 de abril. “Esta é a parsimonia coa que traballa o goberno local. Esta é a presa que ten o señor Caballero por sumar investimentos na cidade” reclamou Sánchez quen demandou que o concello “aclare canto antes” esta situación porque “esta é unha remodelación que acumula un importante retraso e está a causar numerosos trastornos á veciñanza”.

“O entendemento entre administracións é sempre unha boa noticia e creo firmemente que é o que reclama a cidadanía”, subliñou Sánchez quen manifestou que “a nosa vontade é traballar polos intereses de todos os vigueses e viguesas así que garántolles que Vigo non se vai quedar sen os cinco millóns de euros que temos asignado neste 2025 desde a Deputación para a cidade. Este é o meu compromiso. Pero desde logo o señor Caballero debe poñer fin ao seu maltrato ao barrio de Teis e ao seu enfrontamento con outras administracións para deixar de ser un lastre á hora de captar investimentos que beneficien á nosa cidade a á nosa veciñanza”.

A vicepresidenta provincial recordou ademais que no último ano e medio “comprometemos 30 millóns de euros, que contemplan desde a reforma da bancada de Gol do estadio de Balaídos, a adquisición do Teatro Cine Fraga, o rescate dos 6,2 millóns de euros que estaban a piques de caducar por falta de execución e os novos proxectos acordados entre ambas administracións”.

Publicacións Relacionadas