HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez sinala o compromiso coa cadea de valor do sector pesqueiro...

Luisa Sánchez sinala o compromiso coa cadea de valor do sector pesqueiro na inauguración do VI Vigo SeaFest

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres nos xardíns de Montero Ríos no acto de inauguración da sexta edición do Vigo SeaFest, o festival do peixe impulsado pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) apoiado pola institución provincial cun convenio valorado en 55.000 euros que inclúe o patrocinio dos seus dous escenarios de concertos. A vicepresidenta lembrou que “esta cita xa é un referente en Vigo e é un exemplo do traballo fundamental que fai ARVI, establecendo sinerxías con algúns dos mellores chefs da provincia para ofrecer 14 elaboracións de primeiro nivel que poñen en valor a nosa restauración, as nosas empresas comercializadoras e o noso produto, é dicir, toda a cadea de valor dun dos motores económicos da cidade e da provincia”.

Luisa Sánchez animou a cidadanía a pisar os escenarios patrocinados pola Deputación, polos que os próximos días pasarán artistas e bandas de Vigo como Blue Monk, Blue Mondays ou Planeta Marte, e a participar no resto de actividades deportivas ou de cultura mariñeira incluídos no programa do Vigo SeaFest. Ademais, a vicepresidenta provincial reivindicou a necesidade de que “Vigo sexa declarado porto nodal para que reciba todo o apoio e recoñecemento que merece, para captar máis investimentos europeos e para conseguir máis e mellores infraestruturas”.

Publicacións Relacionadas