Home Deputacións Deputación Ourense Monterrei será a capital mundial da gaita galega durante esta fin de...

Monterrei será a capital mundial da gaita galega durante esta fin de semana, coa celebración da XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros

- Anuncio -

Este evento, declarado de Interese Turístico e Cultural por parte da Xunta de Galicia en 2016, reunirá no Castelo de Monterrei aos gaiteiros máis importantes do panorama mundial e desenvolverase en dúas xornadas nas que están programadas conferencias didácticas, exposicións así como outras actividades de carácter científico

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, destaca que “cando un evento leva 38 anos, é porque ten éxito. Desde a Deputación é una honra colaborar cun acontecemento tan importante para a música tradicional galega e para toda a comarca de Monterrei desde un símbolo tan fermoso como é o Castelo de Monterrei”

Na presentación deste importante foro participaron tamén o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o fillo dun dos homenaxeados, Nonito Pereira; e o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo

Os vindeiros 25 e 26 de agosto, o Castelo de Monterrei acollerá a XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Este importante foro de carácter mundial naceu hai case 40 anos como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.

A súa primeira edición tivo lugar o día 26 de xullo do 1986 no barrio da Ponte de Ourense, baixo a denominación de I Xuntanza de Gaiteiros do País. A partir desta edición o evento foi percorrendo distintos concellos da provincia de Ourense, establecéndose no 2007 como sé permanente no Castelo de Monterrei. No 2016 foi declarado evento de Interese turístico e cultural pola Xunta de Galicia.

Tal e como sinalou a vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, “cando un evento leva 38 anos, é porque ten éxito. Desde a Deputación é una honra colaborar cun acontecemento tan importante para a música tradicional galega e para toda a comarca de Monterrei desde un símbolo tan fermoso como é o Castelo de Monterrei”. Ademais, en nome da institución provincial e do seu presidente, Luis Menor, a vicepresidenta primeira manifestou a firme vontade de seguir a cooperar con outras administracións neste importante foro cultural.

Na presentación desta mañá participaron tamén o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; así como o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, quen puxo en valor non só a importancia cultural deste acontecemento, senón tamén o impulso dinamizador que supón para o municipio e para toda a comarca. Pola súa banda, o fillo dun dos homenaxeados nesta xuntanza, Nonito Pereira, agradeceu emocionado o recoñecemento ao a seu pai. Por último, o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, lembrou que coa 38 edición desta xuntanza “marcamos 38 anos de vida coa gaita como parte fundamental da historia da civilización”, e sinalou que a filosofía deste evento “non só é divertimento: é a búsqueda do coñecemento”.

A Xuntanza Internacional de Gaiteiros constituíuse, ao longo dos anos, como un prestixioso foro a nivel universal, tendo pasado polos seus escenarios os máis destacados gaiteiros de calquera rincón do mundo. A súa filosofía é traer a Ourense, desde as gaitas máis primitivas, ata aquelas máis cultivadas. Precisamente gracias a esta inquedanza, a Xuntanza é unha escola aberta, non somentes para estudosos, senón tamén para os amantes da música de Gaita.

Actualmente o evento desenvólvese en dúas xornadas nas que se programan conferencias didácticas, exposicións así como outras actividades de carácter científico. O programa deste ano é o seguinte:

25 agosto 2023

19:00 h. Actuacións na Pza. da Hermida de Flariz:

  • Banda de Gaitas de Flariz
  • Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña)
  • Murad Tavartkiladze (Xeorxia)
  • Harpe Diem (Asturias)
  • Luis Antonio Pedraza (Zamora)

26 agosto 2023

11:00 h. Curso de técnica de Uilleann Pipe a cargo de Alexander Suárez.

12:00 h. Lugar: Hospital do Peregrino Acto en homenaxe ao productor musical Nonito Pereira.

Conferencias:

  • Lolita Surmanidze con Murad Tavartkilazde Gaitas de Xeorxia: Chiboni e Gudastviri.
  • Louis Abgrall e Michel Jammet: Binou et Bombarde.
  • Daniel García de la Cuesta: A iconografía da Gaita nas catedrais de Oviedo e León

19:00 h. Lugar: explanada Castelo de Monterrei

Presenta: Montse Estévez

Participan:

  • Trompetistas á usanza medieval
  • Banda de Gaitas Nova Era
  • Miro Casavella
  • Entrega recoñecemento a Nonito Pereira
  • Basilisa Sotelo (desafíos de Santa Baia de Montes)
  • Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña)
  • Recoñecemento a Henrique e Manoel Ambite, coa actuación de

Xosé Casal e José Luís Galán.

  • Agrupación musical do Concello de Riós
  • Fransy González e Davide Salvado
  • Banda de Gaitas de Flariz
  • Murad Tavartkiladze (Xeorxia)
  • Os Trouleiros de Medeiros
  • Alexander Suárez (Cuba)
  • Banda de Gaitas do Concello de Verín
  • Harpe Diem (Asturias)
  • Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas
  • Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

Exposición fotográfica sobre a iconografía da gaita

Lugar: Hospital do Peregrino (25 e 26 de agosto de 2023 – 11:00 h. a 22:00 h.)

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas