Home Deputacións Deputación Pontevedra O alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación reflexiona sobre...

O alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación reflexiona sobre as súas raíces nunha exposición colectiva

- Anuncio -

A mostra inaugurada no Centro Cultural Marcos Valcárcel contén pezas de diversas disciplinas como a pintura, a talla, a olería ou o modelado en barro

Un dos obxectivos desta escolma de artistas é “gozar da diversidade” que hai na Escola, xa que hai creacións de nenos de 14 anos ata de maiores de 80

A gran novidade é que se trata da primeira mostra da Escola con obra propia dos participantes, que dan un paso adiante na súa formación

A Escola de Artes e Oficios de Ourense, organismo da Deputación de Ourense, inaugura a exposición colectiva “Raíces”, a primeira que se fai con proxectos de creación propia e orixinal dos alumnos da escola. Formada por 34 obras de diversas disciplinas, exhíbese no centro cultural Marcos Valcárcel. As pezas son froito do traballo de todo o curso deste alumnado, pertencente a unha escola senlleira que medra en usuarios ano a ano. O principal reto foi elaborar pezas propias, máis alá das reproducións que adoitan facer os participantes da Escola no obradoiro.

Segundo trasladan os responsables da mostra, o concepto de “Raíces” fai referencia a que en 2025 o Día das Letras Galegas dedicarase ao cancioneiro popular galego e ás cantareiras. Estes, xunto cas cantigas e cantos tradicionais, son un patrimonio vivo que perdurou durante séculos, como tamén o son os oficios e as disciplinas que se traballan na Escola.

Neste sentido, os responsables fan referencia a un anaco dunha popular cantiga, que di “a raíz do toxo verde, é moi mala de arrincare”. “Parécennos uns versos moi axeitados para definir o que se pode descubrir nesta mostra”, sinalan os organizadores.

Nesta exposición, os alumnos dan un paso adiante na súa formación como pintores e escultores, xa que exhiben a súa obra propia, despois de desenvolvela coas únicas directrices de basearse no concepto de “raíces”. Durante meses traballaron na creación dos seus proxectos máis persoais, apoiados polo profesorado da Escola.

Os bosquexos, as probas e o propio diálogo co material fan parte desta viaxe que é a creación artística.

Pintura, talla ou barro

Dende a pintura, a talla, a olería e o modelado de barro, cada obra expresa unha visión particular do concepto de raíces, dotando a esta exposición dun interese amplo para o espectador e levándoo a un afondamento en cada obra e na psique humana.

Nesta mostra unhas “raíces” poden ser unha lembranza cara a nenez, ou cara as representacións, trazos característicos ou oficios dos devanceiros, así como ser un punto de reflexión sobre os afectos, as inquedanzas ou a incerteza.

“Esta exposición é unha gran oportunidade de gozar da diversidade, algo que xa case é un trazo característico na nosa Escola, onde se xuntan persoas de moi diversos perfís, dende nenos e nenas ata persoas de máis de oitenta anos, xerándose así unha singular convivencia interxeracional coa arte e os oficios como nexo común”, destacan dende a Escola.

Na escolma de artistas, poderá verse dende unha escultura en madeira feita por un rapaz de 14 anos ata cadros e esculturas feitas por homes e mulleres de mais de setenta anos.

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas