HomePontevedraO CondadoA terceira de residencia de artistas de Artistea arranca para render homenaxe...

A terceira de residencia de artistas de Artistea arranca para render homenaxe ao Corpus Christi de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

Esta edición está cargada de novidades máis aló da duración e ofrecerá dúas masterclass, unha da do pintor e profesor da Escola de Belas Artes de Granada, José Freijanes, e outra da artista visual, performer e actríz, María Rojas

Sementes, aromas, bágoas, presente e pasado son algúns dos ingredientes que atoparemos nos traballos da terceira residencia de Artistea. Coa tradición do Corpus Christi de telón de fondo os creadores e creadoras participantes na terceira das residencias comporán as obras “Flux Bloom”; “Cai na agua e rompe, cai no panallo e non rompe”; “Natureza e lembranzas”, “Sementes do tempo” e “Bágoas de Arxila”.

Sete artistas chegados de distintos puntos de Galicia, de Bilbao e de Ponteareas traballarán durante 14 anos para ofrecer unha nova perspectiva das celebracións do Corpus Christi.

A terceira das residencias de Artistea traballará a arte efémera nun amplo abano de conceptos e técnicas e disciplinas ou formas de expresión artística que, na súa formulación de proxecto, se conciba coa intención de non permanencia e a fugacidade no tempo.

“Este programa de residencias busca tamén incidir na promoción da arte e a cultura na nosa comunidade, e potenciar o apoio institucional á creación artística, promovendo o establecemento de redes creativas”, sinala a concelleira de Emprendemento,Silvia Fdez.Táboas.

Terceira edición cargada de novidades

Esta edición está cargada de novidades máis aló da duración e ofrecerá dúas masterclass, unha da do pintor e profesor da Escola de Belas Artes de Granada, José Freijanes, e outra da artista visual, performer e actríz, María Rojas.

Entre as novidades presentadas está tamén o premio de 500€ que recibirán as persoas seleccionadas. Disporase ademais dunha bolsa por desprazamentos que vai dende os 30€ aos 150€. Outra das novidades está na duración da residencia que se estende a 14 días, dende a noite do 8 de xuño ata a noite do 21 de xuño ambas incluídas. Vivirán así os creadores amateurs e profesionais a vida nos portais, os actos festivos e o ritmo da vila no mes de Corpus.

Nesta residencia valorarase positivamente a súa relación coa vila de Ponteareas e a comarca do Condado, a súa cultura, o seu patrimonio e as súas figuras históricas; especialmente no relativo ao Corpus Christi. As obras resultantes da residencia artística, ou materiais derivados destas (fotografías, filmacións, etc.) serán cedidas temporalmente ao Concello de Ponteareas para a súa exposición.

A alcaldesa Nava Castro e a concelleira de Emprendemento recibirán o luns a todas as residentes e residentes. “As residencias artísticas de ArtisTea naceron para prolongar a herdanza de importantes creadores ponteareáns como Reveriano Soutullo, Silverio Rivas, Quinteiro, Maruja Mayo, Rogelio Groba, Alfonso Pexegueiro o Represas, entre outros moitos /as creadores/as”. Entre os seus obxectivos está promover a investigación, creación e produción artística arredor de Ponteareas e o seu patrimonio humano, cultural e natural; contribuír a fortalecer o contexto cultural de Ponteareas e a comarca do Condado, promovendo proxectos creativos de interese social vinculados á comunidade e fomentar valores de protección e difusión do patrimonio natural e cultural locais a través da arte ademais de potenciar o apoio á creación artística, co establecemento de redes creativas e colaborativas amplas.

Publicacións Relacionadas