HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO goberno de Luis López destina máis de 4 millóns de euros...

O goberno de Luis López destina máis de 4 millóns de euros ao impulso da igualdade e á loita contra a violencia de xénero

- Anuncio -spot_img

“Temos situado á igualdade como eixo transversal da acción do noso goberno e fixémolo, ademais, rachando coa confrontación e apostando pola suma de sinerxías e vontades entre mulleres e homes para construír unha provincia en igualdade e con igualdade”, destacou a deputada de Igualdade Sandra Bastos

“Incrementamos as bases de subvencións en materia de igualdade nun 12%”, detallou Bastos quen amosou o seu orgullo de traballar “da man de centos de colectivos e entidades cos que estamos demostrando que este é o xeito de avanzar cara un mundo máis xusto e igualitario”

O goberno de Luis López mobilizou nos dous primeiros anos de mandato máis de catro millóns de euros para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. “Temos situado á igualdade – asegurou a deputada responsable da área Sandra Bastos- como eixo transversal da acción do noso goberno e fixémolo, ademais, rachando coa confrontación e apostando pola suma de sinerxías e vontades entre mulleres e homes para construír unha provincia en igualdade e con igualdade”.

A deputada de Igualdade subliñou que “incrementamos as bases de subvencións en materia de igualdade nun 12%” e remarcou o feito de estar a traballar “da man de centos de colectivos e entidades cos que estamos demostrando que este é o xeito de avanzar cara un mundo máis xusto e igualitario”. Destacou Bastos a creación do Ateneo Provincial pola Igualdade ou as novas campañas contra as agresións sexuais impulsadas polo goberno provincial. Tamén recordou os programas de formación en igualdade que se están a organizar e a dirixir aos diferentes perfís profesionais, a avaliación do II Plan de Igualdade, o protocolo para a prevención do acoso laboral coa incorporación da nova lexislación ou a posta en marcha de novas vías de comunicación cos concellos adheridos a ATENPRO desde a Deputación.

Ademais, a deputada subliñou que nestes dous anos de mandato destináronse 975.000 euros ao impulso de accións formativas para a promoción das mulleres a través do programa +Xuntas e preto de 900.000 euros para que entidades sociais impulsen programas destinados a conseguir a igualdade entre mulleres e homes e erradicar a violencia de xénero. Recursos aos que hai que engadir outros 750.000 euros dirixidos aos concellos para promover iniciativas encamiñadas a acadar a igualdade, os 270.000 euros para que as universidades impulsen proxectos relacionados con esta materia e os 160.000 euros dirixidos a diferentes premios para promover a igualdade e erradicar a violencia de xénero como Mulleres no Foco, Mulleres que Opinan, Boas prácticas en igualdade ou o concurso escolar E ti, que pensas da igualdade?

Publicacións Relacionadas