Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo presenta denuncia polas pintadas aparecidas no edificio Fernández López

O Museo presenta denuncia polas pintadas aparecidas no edificio Fernández López

- Anuncio -

Na mañá de hoxe entregáronse fotografías dos danos ocasionados á brigada xudicial que leva os temas de Patrimonio

O Museo de Pontevedra vén de formalizar hoxe a denuncia en Comisaría polas pintadas aparecidas na noite do luns ao martes no edificio Fernández López, un inmoble que pertence ao conxunto declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Segundo manifesta a dirección do Museo, o protocolo activouse xa no día de onte pola mañá, cando tras comprobar o sucedido os feitos foron postos en coñecemento da Policía de maneira verbal. Non foi ata hoxe a primeira hora cando se formalizou a denuncia por escrito fisicamente nas instalacións policiais, onde se entregaron fotografías dos danos para a tramitación por parte da brigada xudicial que se encarga de levar as cuestións de Patrimonio.

Dende o Museo xa se deu orde para a limpeza das pintadas, mais esta non se realizará de maneira inmediata á espera de que poida ser necesaria unha inspección ‘in situ’ que complemente ás imaxes fotográficas.

“Tristura infinita” foi a expresión utilizada dende a institución museística para cualificar os danos, que practicamente afectaron á totalidade da parede do edificio Fernández López na que se bifurcan as rúas Pasantería e Laranxo, cun graffiti central e varias palabras e firmas rodeándoo.

A aparición de pintadas nos inmobles do Museo tivo acontecido noutras ocasións, máis non coas dimensións da que apareceu trala madrugada de onte martes.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas