O vicepresidente da Deputación anima aos pontevedreses a participar na carreira “Pontevedra en marcha contra o cancro”

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación da carreira “Pontevedra en marcha contra o cancro” que chega o vindeiro 6 de outubro á súa sexta edición e que busca recadar recursos para a Asociación Española Contra o Cancro e o seu apoio á investigación contra esta enfermidade. Domínguez aproveitou para animar á veciñanza a inscribirse nesta proba que “demostra que aos pontevedreses nos gusta estar en plena forma, pero, por riba de todo, que somos unha cidade cunha grande implicación social e moi solidaria”.

Comparte este artigo