O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra á graduación do alumnado de Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Unha xornada na que o alumnado puxo o broche de ouro á súa etapa de aprendizaxe, esforzo e compromiso e na que se repasaron anécdotas e momentos vividos nos catro anos de estudos universitarios.