HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación do XXVII Campionato de Taekwondo...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación do XXVII Campionato de Taekwondo Cidade de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores no Concello de Pontevedra na presentación do XXVII Campionato de Taekwondo Cidade de Pontevedra, “un dos torneos máis internacionais que acolle a capital da provincia” que, como lembrou, reuniu na súa pasada edición máis de 1.500 deportistas na cidade do Lérez. Domínguez felicitou a organización do Club Mace Sport, organizador do evento, polo seu compromiso coa “promoción da cidade e da provincia de Pontevedra como o gran referente mundial do deporte e o estadio deportivo por excelencia”. O vicepresidente sinalou, ademais, o traballo da Deputación “creando sinerxías con entidades como esta, comprometidas e cunha gran capacidade organizativa, que avalan a excelencia do noso tecido deportivo”.

Publicacións Relacionadas