HomePontevedraRedondela pecha o ciclo de conferencias sobre Castelao con Iria-Friné Rivera

Redondela pecha o ciclo de conferencias sobre Castelao con Iria-Friné Rivera

- Anuncio -spot_img

– Este venres día 30 o Concello de Redondela celebra a última das conferencias do Ano Castelao baixo o título “A arte de abrir os ollos nos carteis do Estatuto de Galicia de Castelao”. Iria-Friné Rivera, Historiadora da Arte e escritora, centrarase no traballo de Castelao como debuxante e autor de carteis da campaña para o Estatuto. Será ás 19.40 na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños.

Galicia celebra este 2025 o Ano Castelao, co gallo do 75º aniversario do seu pasamento. O Concello de Redondela súmase a esta conmemoración e está a organizar desde o mes de xaneiro actividades desde o Servizo de Normalización Lingüistica, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas. Trátase de actos para poñer en valor “o relevante papel de Castelao como político, intelectual, escritor e debuxante”, explica a rexedora.

Nas conferencias teñen participado desde comezos de ano o catedrático de Historia, Ramón Villares, o escritor e profesor Emilio Ínsua e a investigadora Diana Vilas sobre “O álbum dos nenos de Castelao”. Este venres, día 30 de maio, teremos a última das conferencias deste ciclo da man de Iria-Friné Rivera, Historiadora da Arte e escritora que nos falará sobre a cartelaría do Estatuto do 36 de Castelao baixo o título “A arte de abrir os ollos nos carteis do Estatuto de Galicia de Castelao”. Será ás 19.30 horas na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, con entrada libre ata completar o aforo.

Por outra banda, o 4 de xuño o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. O xoves, 5 de xuño, inaugúrase no Multiúsos da Xunqueira a exposición itinerante “Castelao Grafista” en colaboración con Afundación, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia.

Publicacións Relacionadas