HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez asiste ao ensaio de Libertas, que este venres abrirá o ciclo...

Rafa Domínguez asiste ao ensaio de Libertas, que este venres abrirá o ciclo de Artes Vivas cunha marcha coral desde o Pazo da Cultura polas rúas de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de asistir este xoves ao ensaio da performance Libertas – Da condición de persoa libre, do artista portugués Vasco Araújo, que mañá abrirá o ciclo de Artes Vivas da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra. A acción, que terá lugar o venres 27 ás 20:00 h e está aberta a todas as persoas sempre que vistan de branco, partirá do Pazo da Cultura e converterá as rúas da cidade nun espazo escénico no que un coro interpretará o “Coro dos escravos” de Verdi como símbolo de liberdade e protesta.

Con esta proposta arranca oficialmente o programa de Artes Vivas da Bienal, que volve tras quince anos de ausencia cun programa ambicioso que combina artes visuais, accións en espazo público e participación cidadá. O vicepresidente compartiu o ensaio co equipo artístico e coas persoas participantes, amosando o compromiso da Deputación coa recuperación desta cita cultural histórica e coa súa expansión a todo o territorio provincial.

A programación completa e toda a información práctica está dispoñible na web da Bienal:

https://bienal.depo.gal

Publicacións Relacionadas