O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra na inauguración do I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular, que se celebra “nunha provincia comprometida coa innovación, o medio ambiente e o benestar da súa xente”. O vicepresidente salientou que “as cidades intelixentes son, ademais de tecnoloxía, unha oportunidade para repensar a forma en que habitamos, nos movementos, producimos e consumimos”, e sinalou a economía circular como “unha aliada imprescindible para apostar pola reutilización, a eficiencia dos recursos e o respecto polos límites do planeta”.
Rafa Domínguez puxo en valor o compromiso da Deputación coa mobilidade sostible, os espazos públicos amables, a innovación e a xestión sostible dos recursos. “A nosa provincia é un exemplo do potencial transformador dos territorios cando se aposta por políticas públicas centradas nas persoas”, asegurou, ao tempo que puxo en valor a diversidade do territorio e o traballo desde o mundo local “que converte unha referencia estatal e europea en materia de sustentabilidade”.