HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na presentación do V Premio Cámara de Comercio-Ence á Innovación...

Rafa Domínguez participa na presentación do V Premio Cámara de Comercio-Ence á Innovación Forestal

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes en Pontevedra na presentación do V Premio Cámara de Comercio-Ence á Innovación Forestal, que premiará as mellores iniciativas empresariais e traballos de fin de grao, máster e ciclo superior de Formación Profesional relacionados con este ámbito. “Falar da superficie forestal é de especial relevancia nesta provincia, xa que somos unha provincia de montes, tamén nas nosas cidades”, valorou o vicepresidente, “por iso a innovación forestal é algo tan importante para nós: a natureza é parte da nosa identidade e o seu aproveitamento produtivo e sostible é fundamental para o desenvolvemento da nosa economía”.

Rafa Domínguez salientou que “debemos seguir impulsando accións e sumando sinerxías que nos permitan mellorar a calidade da vida dos pontevedreses e pontevedresas”, por iso animou a cidadanía a que “se presente a estes premios e amosen, xunto cos gañadores das edicións anteriores, que esta provincia está cargada de talento e tamén de futuro”. O vicepresidente da Deputación felicitou a Cámara e a ENCE por “pensar na innovación e premiar estas ideas que poñen o foco no noso patrimonio natural desde un punto de vista responsable”.

Publicacións Relacionadas