HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa no acto de entrega dos Premios Mil Primaveras en...

Rafa Domínguez participa no acto de entrega dos Premios Mil Primaveras en recoñecemento ao traballo a prol da lingua galega

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra no acto de entrega dos Premios Mil Primaveras organizados pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) coa colaboración da institución provincial. No acto entregáronse os galardóns a catro proxectos para o fomento da lingua galega e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio: os xogos de mesa Brazolinda, o proxecto audiovisual Galego para peques, o proxecto de investigación “Modo galego, actívao!” da RAG e o Concello de Ames e o proxecto “Vitamina G” do CEIP Sagrada Familia da Coruña.

Rafa Domínguez sinalou que “na Deputación cremos na necesidade de poñer en valor o noso idioma, de reivindicar a súa importancia como símbolo identitario do noso pobo e como o vehículo da nosa comunicación no día a día”, por iso “imos seguir loitando para que ninguén lle peche as portas á nosa lingua, para que esas mil primaveras máis que acuñou en 1980 Álvaro Cunqueiro, no famoso discurso que pronunciou en Vigo, sexan menos un desexo e máis unha realidade”.

Publicacións Relacionadas