O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou no acto de entrega dos premios Pont-Up Store ás mellores startups galegas. No acto, a asistente virtual para maiores Serenia deseñada pola empresa de Moaña Serenia Solutions SL foi recoñecida como mellor emprendemento 2025 e recibiu o premio na categoría sector das TIC e Novas Tecnoloxías. Tamén recibiron galardóns a cooperativa Contando Ouvellas, o espazo de arte vigués Sepia Art Shop, Borneo, Tergo, Enxebre e PROA2 Health.
Domínguez aproveitou a ocasión para poñer en valor os preto de 40 emprendedores de toda Galicia estarán dando a coñecer os seus proxectos e tamén o posto informativo do programa SmartPeme+, co que a Deputación “apoia as pequenas e medianas empresas na transición dixital e nas novas tecnoloxías como unha porta que abre novas vías de negocio”. Ademais, enxalzou o papel das persoas emprendedoras pola súa capacidade para impulsar “proxectos de futuro, que crean emprego e xeran riqueza no territorio”.



