HomePontevedraSoutomaior foi o concello elixido para a presentación da campaña “Parte de...

Soutomaior foi o concello elixido para a presentación da campaña “Parte de ti” de Galicia Suroeste

- Anuncio -spot_img
  • Trátase dunha campaña de apoio ao rural baseada nas historias das persoas que cos seus traballos, produtos e servizos, transforman o rural.
  • No acto de presentación estiveron presentes os representantes dos concellos que forman parte do Xeodestino Galicia Suroeste e as persoas protagonistas da campaña neste 2025.

Parte de ti celebra o seu sexto ano e continúa dando a coñecer as grandes historias que hai detrás dos produtos e servizos da contorna. Trátase dunha campaña enfocada a sensibilizar, concienciar e informar, baseándose nas historias das persoas que están detrás dos produtos e servizos do rural.

A presentación desta campaña neste ano tivo lugar no concello de Soutomaior tendo a ría de Arcade como escenario protagonista.

Un acto que foi presentado pola concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas e que deu comezo cunha peza audiovisual resumo dos 6 anos que Galicia Suroeste leva promocionando ás persoas que deciden emprender e quedarse no rural, ofrecendo o mellor delas e a súa profesionalidade, tanto á poboación local como a todas aquelas persoas que visitan o territorio.

Tras estas imaxes coas que se quixo recordar a todas as persoas que teñen participado nas edicións anteriores, tomou a palabra o alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, que destacou a importancia de poñer en valor tanto ás persoas como os produtos locais. Amosou a sua satisfaccción por acoller tan importante acto para os 14 concellos do Xeodestino, resaltando que “é un verdadiro orgullo para o noso concello que a “Ostra de Arcade” e a historia do noso veciño Joaquín Lema sexan as protagonista para o lanzamento de Parte de ti 2025”.

Seguidamente tomou a palabra Luciano Otero, representante institucional do Xeodestino e alcade de Pazos de Borbén, quen ensalzou a figura do Xeodestino como unha nova forma de facer as cousas, desde a unidade, a promoción conxunta e o compañeirismo, “traballando e crendo que a clave do éxito do Xeodestino está en que xuntas e xuntos somos máis fortes”.

Antes de coñecer a historia de Joaquín Lema interveu a presidenta de Galicia Suroeste e alcaldesa de Tomiño, Sandra González quen destacou a grande importancia da rede creada neste 6 anos, que aglutina a case 60 empresas e persoas emprendedoras que xa forman Parte de Ti. “O importante da campaña é que contamos verdade, realidades, historias de vida…e o máis gratificante para Galicia Suroeste é conseguir esta comunidade que se recoñece, colabora e se sinte parte dunha nova filosofía de vida que está a xurdir no rural, onde o noso territorio e a nosa calidade de vida son fundamentais para que o noso país siga avanzando de forma sostible”, salientou a presidenta do grupo de desenvolvemento rural.

Finalmente proxectouse a historia de Joaquín Lema e a Ostra de Arcade, quen na súa intervención non puido conter a emoción por ter sido escollido como protagonista e referente na gastronomía local.

O alcalde de Soutomaior quixo agradecer a presenza na presentación da hostalería do concello, de membros da confraría de Arcade, de mariscadores e de viticultores do concello.

Nun acto no que tamén estiveron presentes alcaldes e alcaldesas do Xeodestino, concelleiros e concelleiras delegadas, ademais de Diego Moreira, Charo Bouzón e Pablo Garrido concelleiroso do Goberno Local de Soutomaior.  

Tamén acompañaron o acto as e os protagonistas desta sexta edición, proxectos e historias que non deixarán de sorprender e que se irán desvelando nos vindeiros meses, o primeiro protagonista foi o noso veciño de Soutomaior, Joaquín Lema.

Publicacións Relacionadas