HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez pon en valor o Congreso Flúor como expoñente do talento...

Rafa Domínguez pon en valor o Congreso Flúor como expoñente do talento en novos formatos de narrativa contemporánea “que exploraremos na Bienal”

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na sede de Afundación en Pontevedra na inauguración do Congreso Flúor de comunicación, publicidade e márketing, un evento patrocinado pola institución provincial. O vicepresidente puxo en valor como neste foro “teremos auténticos artistas da narrativa contemporánea, xa que non podemos esquecer que vivimos tempos nos que as historias se contan en podcast, códigos QR ou experiencias inmersivas”, e destacou a vinculación que esta cuestión terá coa Bienal de Pontevedra, “na que pretendemos explorar novos formatos para conectar coa cidadanía desde a emoción e a reflexión”.

Rafa Domínguez tamén sinalou o “orgullo” que supón para a institución provincial patrocinar un encontro no que “o público vai poder atopar con grandes nomes de creatividade”, polo que agradeceu o Cluster da Comunicación de Galicia “por ter a idea de organizar este foro, e sobre todo por escoller Pontevedra como o seu escenario, xa que na nosa cidade contamos coa Facultade de Comunicación e isto supón unha grande oportunidade para o alumnado e para xerar sinerxías entre institucións e as empresas do sector”.

Publicacións Relacionadas