O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este xoves no Pazo provincial a Comisión de Festas de Bora (Pontevedra) ás portas das festas na honra da Virxe do Carme e San Roque que se celebrarán a próxima fin de semana, entre os días 19 e 21 de xullo. A institución provincial colabora coa celebración destes festexos a través do programa provincial Culturea, co que se financiarán as actuacións da charanga Charandonga nos pasarrúas do sábado 20, e tamén a actuación da Coral Bella Helenes Mercantil de Pontevedra, que cantará a misa solemne do sábado ás 13:00 horas.
O vicepresidente da Deputación puxo en valor os colectivos que traballan para manter vivas as tradicións da provincia, e lembrou que grazas ao apoio do goberno nestes dous anos de mandato só na cidade de Pontevedra se financiaron medio milleiro de actuacións con este programa, dentro da liña estratéxica de descentralizar a cultura para afianzala como un motor real de desenvolvemento.