O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este mércores no Pazo provincial os deportistas pontevedreses que xogaron coa Selección Galega no Campionato de España 3×3 de Baloncesto de Seleccións Autonómicas que se disputou a pasada fin de semana en Melilla. Domínguez tivo a ocasión de felicitar a Antonio Rodríguez e a Fernando Fariña, ambos os dous do Estudiantes Pontevedra, campión en U13 masculino e subcampión en U15 masculino respectivamente, e a Noa Méndez, do CAB Pontevedra, que participou no U13 feminino.