HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Rafa Domínguez salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,7 millóns de euros para que 8 concellos impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán a Barro, Cangas, Gondomar, Lalín, Cuntis, Marín, Mos e O Rosal. O +Provincia destinou xa preto de 30 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,7 millóns de euros para que Barro, Cangas, Gondomar, Lalín, Cuntis, Marín, Mos e O Rosal impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das dúas primeiras liñas do Plan +Provincia 2025. O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos preto de 30 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Desta maneira, Barro contará con 115.727 euros para financiar as obras de saneamento no lugar de Parada, na parroquia da Portela; Cangas preto de 290.000 € para dous proxectos: 240.000 € para a mellora de infraestruturas e pavimentación na rúa Fonte do Galo e 244.529 € para a transformación da mobilidade nas Gruncheiras; Gondomar recibirá 176.504 € para a primeira fase das obras de pavimentación e sinalización en  Antime entre a Urbanización Miñor e o Cruce en Piquetes; Lalín 178.594 euros para a mellora de camiños rurais en Romea, Vilamaior, Fervenza, O Castelo, A Penela, Carragoso, Xirón e Covas, e Cuntis 114.799 € para dotar dunha rede de saneamento ao lugar de Couselo.

Ademais, Marín recibirá 362.581 € para a mellora do Edificio Polideportivo do Sequelo (que ten un orzamento total de 725.163 €) e Mos 151.781 € para financiar parte da aportación municipal que lle corresponde no convenio para a mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, que ten un orzamento total de 1,52 millóns de euros, dos que a Deputación aporta 1,2 millóns. Finalmente, O Rosal recibe 83.494 euros ao abeiro da liña 2 para afrontar gasto corrente de enerxía eléctrica.

Publicacións Relacionadas