HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez sinala que o Mundial Multideporte de Pontevedra “sitúa Pontevedra no...

Rafa Domínguez sinala que o Mundial Multideporte de Pontevedra “sitúa Pontevedra no foco e nos consolida como a provincia do deporte”

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores no Concello de Pontevedra na presentación do Mundial Multideporte (Multisport World Championships) que se celebrará na Boa Vila entre os días 21 e 29 de xuño. O vicepresidente lembrou que a institución provincial apoia economicamente este evento cunha achega de 100.000 euros, unha partida que se encadra “na nosa aposta polos grandes eventos deportivos e de situar a cidade de Pontevedra no foco, con proxectos como a Bienal de Arte de Pontevedra que ademais dialogará moito con este mundial grazas á súa coincidencia temporal”.

Rafa Domínguez lembrou que un dos obxectivos do goberno da Deputación é “converter Pontevedra no grande estadio deportivo do mundo, e para iso estamos mobilizando recursos como nunca para os clubs, para os deportistas, para a formación en postos técnicos, para eventos e campionatos e para os concellos”. O vicepresidente destacou a importancia do Mundial para este obxectivo, “que axuda a consolidarnos como a provincia do deporte”, xa que suporá a chegada de arredor de 15.000 persoas, entre elas 3.500 deportistas dun total de 44 países, co que a cidade e a provincia de Pontevedra acadarán unha gran proxección internacional.

Publicacións Relacionadas