Home Lugo Chantada Aldearmos Cinema Palleiriso e Aldearmos Casa Quindós

Aldearmos Cinema Palleiriso e Aldearmos Casa Quindós

- Anuncio -

Esta fin de semana preséntase moi movida para a Rede Aldear xa que contaremos con dous eventos das itinerancias de Aldearmos. Comenzamos o venres 17 de marzo no Cinema Palleiriso de Chantada. A partir das 17:30h da tarde haberá unha xornada con diversas actividades que van dende un obradoiro de danza con Carlota Pérez ata un concerto de Sofía Espiñeira como peche do evento. A programación da tarde do venres no Cinema Palleiriso queda dividida do seguinte xeito: 17:30 – obradoiro de danza con Carlota Perez. 18.45 – “Prantarse” unha historia prantada e bailada con Anxo Moure e Mikel Aristegui. 19.15 – “El ultimo Arganeo” con David Vazquez. 20.00 – Concerto de Sofia Espiñeira cantautora. Por outra banda, ao día seguinte, o sábado 18 de marzo, Aldearmos estará nos Ancares, na Casa Quindós, sede da Asociación Ser de Vilela. Neste evento haberá dúas actividades, un obradoiro de canto e pandeireta con Richi Casás e un concerto de Davide Salvado. Este obradoiro de canto e pandeireta, impartido por Richi Casás, desenvolverase en dúas tandas. A primeira delas é en horario de mañá, de 11 a 14 horas e a segunda, pola tarde, de 16 a 19 horas. No tocante á parte de canto, os asistentes practicarán melodías de muiñeira, jota, agarrado, valse e cantos diversos. Por outra banda, na parte de pandeireta estudarán o estilo de toque de Rosa e Adolfina Casás, da Vila da Igrexa, Cerceda, cos seus avisos característicos e os toques invertidos que usaban para a volta. Para isto é necesario inscribirse mandando unha mensaxe ou chamando ao 685879053 O concerto terá lugar ao final da xornada, ás 20:00h. Isto servirá de escaparate para presentar o novo espectáculo de Davide Salvado, “Permita Deus”, no que tamén participan o violinista Cibrán Seixo e o guitarrista Antonio Casado. Ambas actividades serán de balde.

Relacionadas

Míriam Bermúdez exixe reproxectar o skatepark, por pouco útil e caro, e ofrecer alternativas...

0
A proposta do BNG sobre a creación dun Skatepark en Lodeiro, a pesares de ser aprobada en setembro de 2021 con represalias da alcadesa,...

Veciños do Casco Histórico reúnense con Míriam Bermúdez denunciando que a alcaldía nin lles...

0
Foron varias as reunións mantidas durante estes catro anos, sendo o BNG a única forza que denunciou a falta de responsabilidade política e a...

A Xunta leva a cabo en Lugo unha nova edición do Ciclo Xacobeo Peregrinas...

0
 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde na Casa do Saber  Xacobeo Peregrinas é...

Míriam Bermúdez exixe reproxectar o skatepark, por pouco útil e caro, e ofrecer alternativas...

0
A proposta do BNG sobre a creación dun Skatepark en Lodeiro, a pesares de ser aprobada en setembro de 2021 con represalias da alcadesa, parece...

Míriam Bermúdez encabezará a candidatura do BNG en Viveiro «preparada para gobernar»

0
“Forza, enerxía e confianza é o que sinto polo apoio recibido” manifestou Míriam Bermúdez tras ser elixida por unanimidade para encabezar a lista do...

A Xunta inviste máis de 618.800€ no reforzo de equipamento deportivo de máis dun...

0
— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de equipamento concedido a 42 clubs e federacións...

Publicacións Relacionadas