Home Lugo O alcalde de Muras, convidado por Ecodes e a Universidade Rey Juan...

O alcalde de Muras, convidado por Ecodes e a Universidade Rey Juan Carlos a falar de boas prácticas coa xestión das renovables

- Anuncio -

• Manuel Requeijo narrou esta mañá en Madrid a experiencia deste concello lugués que levou a unha notable redución da factura eléctrica para veciñas e veciños. O que esperta interese fóra de Galicia.


• O caso de Muras é un dos trece complexos postos como exemplo de deseño de modelos de implantación de renovables -neste caso da enerxía eólica- con maior aceptación.

O rexedor murense participou convidado á xornada celebrada esta mañá na sede de Argüelles da Universidade Rey Juan Carlos, Madrid. Dende ás 11 ata ás 13 horas foron analizadas e debatidas unha escolma de boas prácticas na instalación de renovables no territorio peninsular co caso de Muras (Lugo) como exemplo no eido eólico. Un debate no que se escoitaron voces desde o territorio, as empresas, as administracións, a sociedade civil e os medios de comunicación. Na mesa redonda tamén participaron e intervieron Víctor Marcos, director de Enerxías Renovables e Mercado Eléctrico do IDEA; Sara Pizzinato, responsable da campaña de Enerxías Renovables de Greenpeace; Benjamín Llaneza, CEO de Aurinka e Rosa Tristán, xornalista ambiental, moderados por Amaya Asiain, responsable do Departamento de Comunicación de Ecodes.

O marco para o debate foi o traballo realizado pola Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento (Ecodes) “Casos de éxito na implantación de enerxías renovables” (adxuntado). Encargado pola Universidade Rey Juan Carlos recompila proxectos fotovoltaicos e eólicos “que demostran un aproveitamento renovable con especial respecto á biodiversidade e con especial consideración á poboación local”.

Ante “a situación de rexeitamento ás enerxías renovables en parte do territorio nacional” o estudo identifica trece complexos como exemplos de deseño de modelos de implantación de enerxías renovables con aceptación social: desde a selección do emprazamento ás actuacións previas coas poboacións locais, accións durante a fase de construción e medidas para a integración socioeconómica nos territorios.

E no caso da eólica o primeiro caso que se destaca é o de Muras, que alberga no seu termo 20 parques eólicos desenvolvidos entre 1995 e 2009. Con algo máis de 163 km cadrados e 614 habitantes ten unha potencia instalada de 485 MW repartidos entre 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento.

Coa chegada dun novo equipo de goberno en 2015 o concello logrou reconducir unha situación desfavorable tras prácticas de dubidosa ética nos momentos iniciais dos proxectos, como a venda de terreos a prezos ínfimos e ameazas de expropiación. A implicación traduciuse na posta en marcha de axudas directas ao pago da factura da luz condicionadas ao nivel de renda, o que permite abaratar o recibo doméstico cun impacto económico e enerxético na vida da veciñanza. Así, os recursos van a subvencionar actuacións que mellora a calidade de vida xeito directo. O tope da axuda é de 600 euros anuais.

O rexedor de Muras tamén foi convidado a falar desta experiencia o pasado xaneiro no salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC) nun debate sobre experiencias locais de produción e comercialización de enerxía eléctrica.

Relacionadas

Ramón Villares: « Sempre en Galiza é unha obra que segue viva porque ofrece...

0
· O grande ensaio do intelectual rianxeiro é a peza destacada de febreiro do sitio web que a RAG lle dedica ao autor na...

Centros de Boimorto, Monforte de Lemos e Meaño representarán a Galicia na Fase Nacional...

0
A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta participa na entrega de premios deste certame a nivel autonómico, grazas ao que máis de 1.500...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as...

0
Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación...

Publicacións Relacionadas