A carreira popular da Carballeira, do circuíto Correndo por Ourense que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, ocasionará cortes e restricións de tráfico, en varias rúas o domingo, 19 de outubro, pola mañá. A proba comezará ás 11.00 horas, e media hora antes, ás 10.30 h pecharanse ao tráfico todas as prazas e rúas polas que discorrerá: Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo, Paspallás, Salto do Can e Rula.
Rutas alternativas
O dispositivo deseñado pola Policía Local do Concello de Ourense prevé estes itinerarios alternativos:
- O tráfico procedente da rúa Castelo Ramiro desviarase á altura de Filomena Dato en sentido ascendente e á altura de Camiño Curandeiro en sentido descendente.
- O tráfico procedente da rúa Couto Berredo desviarase á altura da Nacional 525
- O tráfico da rúa Salto do Can pecharase á altura da rúa da Rula