HomeOurenseA celebración do Día da Bici obrigará a pechar ao tráfico diferentes...

A celebración do Día da Bici obrigará a pechar ao tráfico diferentes rúas da cidade o vindeiro domingo pola mañá

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración da 39ª edición do Día da Bici requirirá realizar cortes de tráfico de diferentes rúas da cidade o vindeiro domingo, 21 de setembro. A actividade cambia este ano o seu percorrido a causa das obras que se están a executar na Avenida de Portugal. Sairá da Alameda e continuará polo Progreso, Avenida de Zamora, rúa da Saínza, Coruña, Progreso ata Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, avenida das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez e Progreso, para rematar na Alameda.

Cortes de tráfico

Desde as 10.00 h: corte da rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a Avenida de Zamora (á altura da rúa da Coruña).

Desde as 11.30 h: corte de todo o itinerario da proba, así como das rúas que conflúen co percorrido.

A Policía Local recomenda como itinerarios alternativos:

  • Norte – sur: as pontes do Ribeiriño e da presa de Velle (Oira).
  • Oeste-leste: Avenida da Ribeira Sacra (N-120).
  • Leste- centro: Rúas Emilia Pardo Bazán e Pena Trevinca.
  • Zona sur (saída): Rúas Marcelo Macías, Manuel Murguía, Rodríguez de la Passera e O Regato, ata a glorieta da Saínza.
  • Zona Sur (entrada): glorieta da Saínza (na súa metade establecerase dobre sentido de circulación, polo que os vehículos procedentes da zona sur poderán avanzar por esta glorieta e as rúas do Regato, Rodríguez de la Passera, Leiras Pulpeiro, Manuel Murguía e Marcelo Macías.

Ademais, desde a glorieta da Saínza até o aparcadoiro da residencia quedará un carril de acceso a urxencias, coa posibilidade de subir pola rúa do Cruceiro Quebrado.

Publicacións Relacionadas