HomeOurenseOurenseA Comisión de pleno ditamina favorablemente asordenanzas da zona de baixas emisións...

A Comisión de pleno ditamina favorablemente asordenanzas da zona de baixas emisións e de protección contra a contaminación acústica

- Anuncio -spot_img

Irán ao pleno do 4 de xullo, xunto coa modificación do regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais e a ordenanza de veladores

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa sesión desta mañá 3 propostas de acordo que serán presentadas a aprobación no próximo pleno ordinario do Concello, que se desenvolverá o vindeiro venres, 4 de xullo:

  • Ordenanza reguladora das Zonas de Baixas Emisións do municipio de Ourense. Resolución de emendas e aprobación inicial
  • Ordenanza de Protección contra a Contaminación Acústica do Concello de Ourense. Resolución de emendas e aprobación inicial.
  • Modificación do Regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais. Resolución de emendas e aprobación inicial.

As propostas foron ditaminadas cos votos a favor do grupo de goberno municipal. Na sesión do día 4 de xullo tamén se tratará a ordenanza de veladores, que xa fora ditaminada previamente pola comisión de pleno.

Publicacións Relacionadas