A Concellería de Igualdade organiza unha nova edición do programa de conciliación de verán “Espazo Coeduca”, para a rapazada de 6 a 12 anos

adminON
Lectura mínima de 1

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades de conciliación de verán “Espazo coeduca”, para nenas e nenos de 6 a 12 anos da idade.  Desenvolveranse de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, de 9.00 a 14.00 horas, en dependencias do Concello. As familias interesadas poderán realizar a inscrición até o día 17 de xuño, a través do código QR que aparece no cartel da actividade e na páxina web do Concello ou a través das redes sociais do Centro de Información Municipal Ás Mulleres (CIMM), en Facebook e Instagram.

  • Ligazón: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-_0w53qzeYlfa8q7WqV_7D1uROW4ZTSPeb8pebbJoWjF-YQ/viewform

Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono 623169421, por chamada ou Whatsapp.

As actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense e subvencionadas polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Son desenvolvidas por Cavas Galicia.

Comparte este artigo