Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación abre o prazo do programa provincial de Termalismo Social o...

A Deputación abre o prazo do programa provincial de Termalismo Social o 28 de xaneiro nos balnearios da provincia

- Anuncio -

A novidade no 2025 será o “Termalismo Azul”, unha modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos de benestar emocional, propiciando hábitos de vida para unha lonxevidade saudable

Esta modalidade inclúe un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base produtos autóctonos recoñecidos pola súa calidade e con propiedades antiinflamatorias, antioxidantes e anticanceríxenas

Os balnearios de Allariz e Berán (Leiro) incorporaranse durante este ano ao programa

Toda a información desta iniciativa termal provincial poderase consultar en www.termalismourense.com

A Deputación de Ourense abrirá o prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025 o próximo 28 de xaneiro, ofertando nos balnearios da provincia un total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro.

A principal novidade este ano será o “Termalismo Azul”, modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos xeradores de benestar emocional, propiciando a aprendizaxe e adquisición de hábitos de vida para lograr unha lonxevidade saudable.

O “Termalismo Azul” engadirá ás estancias en réxime de pensión completa e ás técnicas termais un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base produtos autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) ou de provedores locais con selo Galicia Calidade.

O menú especial do “Termalismo Azul” basearase na combinación de alimentos con propiedades antiinflamatorias, antioxidantes e anticanceríxenas que fan fronte ás máis importantes enfermidades crónicas, entre elas as enfermidades cardiovasculares.

Ademais realizaranse talleres de lonxevidade saudable e actividades ao aire libre que propicien a adquisición de hábitos de vida saudable.

Ademais, a nova modalidade pretende visibilizar aos balnearios de Ourense como espazos idóneos para a desconexión e desde os cales coñecer o patrimonio, a cultura e a forma de vida das contornas locais.

Próxima incorporación dos balnearios de Allariz e Berán (Leiro)

No 2025, a Deputación de Ourense tamén agarda que se incorporen de xeito inmediato ao programa de Termalismo Social os balnearios de Allariz, próximo a completar todos os seus trámites como como centro termal, e o de Berán (Leiro), unha vez saíse a concurso público a súa xestión.

Destaca tamén que a principios de marzo o balneario de Arnoia xa ofrecerá quendas para os diferentes plans de estancias e, ademais, incorporará por primeira vez o “termalismo contra a soidade non desexada”, o que permitirá ampliar o número de quendas e participantes nesta modalidade.

O ano pasado dezaseis entidades asinaron convenios coa Deputación para que, a través dos seus servizos sociais, as persoas maiores que viven soas accederan a terapias termais grupais todas as semanas durante en períodos de 7 a 9 meses.

As estancias termais, a modalidade máis demandada

A modalidade que ano tras ano concentra un maior número de solicitudes é a de estancias termais de 6 días (5 noites) en réxime de pensión completa, 10 técnicas termais, consulta médica voluntaria e acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal. Abrirase o 17 de febreiro, data que fixou o balneario de Laias para a primeira quenda. Xa en marzo sumaranse á oferta os balnearios de Arnoia, Partovia e Lobios.

Ofertaranse 92 quendas para estancias, dos cales case unha vintena incorporan a posibilidade de desprazamento en tren de alta velocidade desde diferentes cidades e o seu posterior traslado ao balneario.

En canto á modalidade de cultura termal que inclúe o aloxamento de fin de semana con dúas técnicas termais e unha pensión completa haberá máis de 100 quendas, comezando o 22 de febreiro.

A modalidade de tratamentos terapéuticos sen aloxamento dará comezo o 4 de marzo no balneario de Partovia, estando desde este mes dispoñible con inicio en calquera data ata o mes de novembro, e en calquera dos balnearios que oferta esta modalidade.

En canto ao termalismo contra a soidade non desexada e o termalismo inclusivo as súas quendas comezarán no mes de marzo.

Campaña dixital de promoción

A próxima semana iniciarase unha campaña dixital de promoción co obxectivo de dar a coñecer as principais novidades do programa así como a apertura do prazo de solicitudes.

Toda a información poderá consultarse na web www.termalismourense.com

Relacionadas

Luis López e Rafa Domínguez salientan que “a arte volve” a Pontevedra cunha Bienal...

0
O presidente provincial anuncia que a programación da Bienal, por primeira vez na súa historia, se descentralizará pola provincia cunha serie de espectáculos en...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo...

0
Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Vigo os programas de Acción Comunitaria, dotados...

0
A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, acompañada do deputado Javier Tourís, puxo en valor estes programas que no 2024 beneficiaron a doce entidades de Vigo...

Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo fermosismo coas axudas da...

0
— O Goberno galego destina 2 M€ á nova convocatoria das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxo prazo de solicitude abre o...

Luis López salienta o investimento de máis de 330.000 euros por parte da Deputación...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde David Carrera, inaugura a humanización da rúa Alameda, financiada ao 100 % con fondos provinciais O presidente da Deputación...

Publicacións Relacionadas