Free Porn
xbporn
Home Ourense A Deputación contrata a infraestrutura tecnolóxica para desenvolver a iniciativa “Hai un...

A Deputación contrata a infraestrutura tecnolóxica para desenvolver a iniciativa “Hai un Ourense para ti”, dentro do Plan Nacional de Territorios Intelixentes

- Anuncio -

A Xunta de Goberno vén de aprobar a adxudicación da prestación deste servizo a Telefónica Solucións de Informática e Comunicacións de España, SAU, por un importe total de 111.043,90 euros


A mesma sesión tamén autorizou cambios nos destinos de determinados importes do Plan CooperOU solicitados polos concellos de Arnoia, Manzaneda e Vilamarín

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar na súa sesión ordinaria semanal a contratación da prestación do servizo consistente na provisión da infraestrutura tecnolóxica, da iniciativa “Hai un Ourense para ti. Descúbreo”. A empresa adxudicataria deste expediente é Telefónica Solucións de Informática e Comunicacións de España, SAU, por un importe total de 111.043,90 euros (IVE excluído).

A provisión desta infraestrutura tecnolóxica englóbase no marco do convenio subscrito entre a entidade pública empresarial Red.Es e a Deputación para o desenvolvemento do Plan Nacional de Territorios Intelixentes da Axenda Dixital para España.

Ten como principal obxectivo avanzar na Conversión da provincia de Ourense nun Destino Turístico Intelixente, dotando a mesma de infraestrutura, equipos e servizos que permitan combater a fenda dixital e melloren a experiencia do turista estudando e xestionando os fluxos turísticos nos principais puntos de interese para axustar a capacidade de carga turística da zona e poñendo en valor o patrimonio histórico, natural e cultural da provincia.

A peza crave da presente iniciativa é a implementación dunha plataforma integrada de turismo intelixente que poña ao dispor do turista información de interese dos principais recursos turísticos da provincia de Ourense, para ofrecerlle servizos personalizados e experiencias inmersivas.

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno autorizou cambios nos destinos de determinados importes do Plan CooperOU, solicitados polos concellos de Arnoia (28.397,86 euros); Manzaneda (51.151,28 euros) e Vilamarín (5.953,14 euros).

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas